Skip to main content
Uncategorized @gl

31 concellos da provincia levan xa un mínimo de sete días sen ningún contaxio

Por 9 Setembro, 2021Setembro 10th, 2021Sin comentarios

Os casos activos de covid continúan baixando a grandes saltos tanto en casos activos como en novos contaxios. Así, hai 950 casos activos, 100 menos que onte, cun rexistro de 21 novos positivos e 121 altas. Onte houbo un descenso de 90 casos activos, con 26 novos enfermos e 115 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.576 casos rexistrados e 238 persoas falecidas, 21 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixa un pouco máis. Hai 24 persoas ingresadas en tres hospitais (1 menos). Na UCI do Hula seguen 4 pacientes, e nas diferentes plantas son 20 os enfermos; 14 están no de Lugo, 1 na Mariña (1 menos) e 5 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
    • No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

A partir do sábado Monforte deixará de estar en alerta máxima e pasará a alta (sendo o único da provincia) non quedando ningún en Galicia na zona de maior risco. Ademais permanecerán en alerta media Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.

POR COMARCAS

Os concellos con gromos e números elevados de enfermos diminúen drasticamente os seus rexistros mentres cada vez hai máis concellos limpos de covid.

A Mariña

  • A Pontenova leva unha semana sen casos.
  • Alfoz xa son 15 días sen casos.
  • Barreiros, unha semana sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo xa leva unha semana sen casos.
  • Foz baixa a 11 (2 menos).
  • Lourenzá xa está sen casos novos en unha semana.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo baixa 2 ata 14.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro reduce 3 caso máis ata 12.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza reduce a 10 casos (10 menos) tras unha semana sen casos novos.
  • Abadín está por debaixo de 10 casos.
  • As Pontes leva unha semana sen casos.
  • Begonte xa leva unha semana sen casos.
  • Castro de Rei baixa 5 ata 22.
  • Cospeito queda en 15 casos.
  • Friol, sen casos na última semana.
  • Guitiriz, sen casos na última semana.
  • Meira, sen casos na última semana.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei volve ter algún caso.
  • Pol, sen casos novos nunha semana.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba baixa 4 a 28 casos.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, volve a ter algún caso.
  • O Incio, sen casos novos en quince días.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela está por debaixo de 10 casos.
  • Samos está sen casos unha semana.
  • Sarria sobe a 25 (1 máis).
  • Triacastela, sen casos novos nunha semana.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla segue con 13 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 13 casos ata 27.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo cae ata 247, 17 casos menos.
  • Monterroso cae a 30 casos (2 menos).
  • Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo xa leva unha semana sen casos.
  • Palas de Rei reduce a 29 casos (4 menos).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, unha semana sen casos.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón sobe ata os 11 casos (1 máis).
  • Bóveda leva unha semana sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada continúa con 20 casos.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue baixando. Son 164, 8 menos.
  • O Saviñao reduce a 14 (3 menos).
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga baixa a 12 (1 menos).
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober xa leva unha semana sen casos.
  • Taboada continúa con 14 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.