Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid resiste na Ribeira Sacra e reduce a súa presenza no resto da provincia

Por 14 Setembro, 2021Setembro 15th, 2021Sin comentarios

A caída de novos contaxios impulsa o descenso continuado da covid na provincia malia que a hospitalización que aumenta e hai dúas vítimas mortais máis da pandemia. Así, hai 629 casos activos, 38 menos que onte, cun rexistro de 10 novos positivos e 46 altas. Onte houbo un descenso de 60 casos activos, con 27 novos enfermos e 87 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.704 casos rexistrados e 243 persoas falecidas, 26 nesta quinta vaga. Son dúas máis que onte, dous homes de 90 e 76 anos ingresados no Hula.

A presión hospitalaria sobe significativamente. Hai 26 persoas ingresadas en tres hospitais (3 máis). Na UCI do Hula seguen os 3 pacientes que había e nas diferentes plantas son 23 os enfermos; 13 están no de Lugo (2 máis), 2 na Mariña e 8 en Monforte (1 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Monforte.
    • No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Só dous concellos sumaron casos por riba de dez esta xornada, os dous no sur, Taboada e Quiroga. Tamén esta comarca é a que máis presente ten o virus xa que todos os concellos agás 1 teñen casos e novos contaxios. Na Mariña só 6 están nesta situación, 3 en Terra Chá, 9 no centro e 2 na comarca de Sarria. Agora mesmo só 31 concellos tiveron contaxios novos na última xornada.

A Mariña

  • A Pontenova leva xa quince días sen contaxios.
  • Alfoz, por debaixo de 10.
  • Barreiros suma dúas semanas sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo leva unha semana sen casos.
  • Foz, por debaixo de 10 casos.
  • Lourenzá está sen casos novos unha semana.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro xa firma unha semana limpo de covid.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10 casos.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro reduce ata 10 (1 menos).
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva máis dunha semana sen casos novos.
  • Abadín, unha semana xa sen casos.
  • As Pontes leva unha semana sen casos.
  • Begonte, unha semana sen casos.
  • Castro de Rei baixa 1 ata 10 e suma unha semana sen contaxios novos.
  • Cospeito, por debaixo de 10 casos.
  • Friol xa leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos na última semana.
  • Meira sen casos na última semana.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue por debaixo de 10.
  • Pol, sen casos novos en quince días.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba certifica unha semana sen casos.
  • Xermade, unha semana sen contaxios xa.

Comarca de Sarria

  • Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio, por debaixo de 10.
  • O Páramo leva xa unha semana sen casos.
  • Paradela xa leva unha semana sen casos.
  • Samos xa leva quince días sen contaxios.
  • Sarria continúa con 25 casos.
  • Triacastela, xa son quince días sen casos novos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla baixa 1 e queda con 10.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 1 casos ata 13.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, unha semana sen casos.
  • Lugo cae ata 146, 13 casos menos.
  • Monterroso baixa a 12 casos (1 menos).
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva unha semana sen casos.
  • Palas de Rei segue con 17 casos.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón reduce a 10 contaxios (1 menos).
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada baixa 1 caso ata 10.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte volve baixar contaxios. Son 141, 3 menos.
  • O Saviñao xa está por debaixo de 10.
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga sobe ata 13 (2 máis).
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada sobe de novo a 12 casos (2 máis).

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.