Skip to main content
Ribadeo

Elaboración de pan, queixos ou cervexa serán algúns do cursos de outono para o rural ribadense

Por 7 Outubro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

A Concellaría de Medio Rural organiza un plan de formación rural que se desenvolverá de outubro a decembro en varias parroquias. 

Estas actividades levaranse a cabo nas escolas de diferentes parroquias dentro dun plan de formación rural para este 2021. Para estes meses que quedan do ano e serán un total de cinco cursos de diferente duración, que se celebrarán na fin de semana e que serán gratuítos.

Comezarán este mes de outubro cun curso de elaboración de pan o sábado 23 en horario de dez da mañá ás sete da tarde, na escola das Anzas.

Seguirá en novembro cun taller de elaboración de xabóns o día 13 en horario tamén de dez da mañá ás sete da tarde no local social de Vilaselán; e outro de elaboración de cervexa no mesmo horario o sábado 20 na escola de Ove.

Xa no mes de decembro organizarán unhas xornadas de cosmética natural o día 4 en Vilaframil e un curso para a elaboración de queixos os días 11 e 12 na escola de Remourelle.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nestas actividades deberán chamar ao teléfono do Concello 982 128 650, preferiblemente antes do 22 de outubro, para anotarse.