Skip to main content
Axenda Caducada

A Casa da Cultura de Burela acollerá a comedia Vaia faena a corentena

Por 18 Outubro, 2021Outubro 30th, 2021Sin comentarios

O sábado 30 de outubro ás 20.00 horas o grupo teatral O Centiño de San Martiño de Foz representará na Casa da Cultura de Burela a comedia para todos os públicos Vaia faena a corentena.

A entrada será libre ata completar aforo e o evento seguirá o protocolo covid vixente que implica vestir máscara, usar hidroxel e manter a distancia de seguridade.

Vaia faena a corentena é unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento pola covid-19.