Skip to main content

Os amantes da fotografía contan cun novo concurso, O Futuro é de madeira, no que se buscan fotografías que retraten a importancia de xestionar os montes de forma sostible, as persoas que viven, traballan e gozan deles, os traballos que se realizan, os procesos de transformación, os produtos con base forestal que empregamos no día a día, a multitude de usos da madeira…

Pra participar haberá que subir a foto na súa páxina web, pódese participar ata con 5 fotos, antes do 1 de novembro de 2021 ás 11.59 horas.

O gañador levarase dúas noites para dúas persoas nas Cabaniñas do Bosque.