Skip to main content
Axenda AMARIÑAXARibadeo

O espectáculo Maestrissimo chegará ao auditorio de Ribadeo a finais de outubro

Por 11 Outubro, 2021Sin comentarios

O espectáculo Maestrissimo, de Game Over Productions, chegará ao auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, o 31 de outubro.

Este evento será ás 20.00 horas e é un camiño entre o concerto de cámara, a comedia satírica e o retrato de época, no que se mostran, ao máis puro estilo Yllana, as aventuras e desventuras dun cuarteto de cordas nun período indeterminado entre os séculos XVII e XVIII.

Un músico de recheo, un segundoxénito sen apelidos pero cun talento descomunal, tentará progresar no escalafón e alcanzar o título de maestrissimo. Serán o seu talento e a súa xenialidade suficientes como para facerse un oco nun mundo tan jerarquizado? Conseguirá o prestixio que por dereito merécese?