Skip to main content
Ribadeo

Aberto o prazo para participar no XVI Mercado de Nadal de Ribadeo

Por 11 Outubro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

Volve unha nova edición do XVI Mercado de Nadal de Ribadeo, que se desenvolverá os días 3, 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro de 2021. O horario de apertura do mercado será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. O día 3 de decembro, o horario será únicamente de tarde 17.00 a 21.00 horas.

O mercadiño de Nadal de Ribadeo quere ser un espazo de oportunidade para as persoas profesionais relacionadas coa artesanía, deseño e creación, así como para as persoas produtoras, dando visibilidade ao seu traballo e ao talento creativo e innovador. Está especialmente dirixido a produtores e creadores da zona.

Para participar será necesario ser artesán con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidos de forma artesanal e sexan de autoría propia. Tamén poderán participar produtos de alimentación e gastronomía artesanal sempre que cumpran a normativa sanitaria.

Así mesmo tamén poden participar persoas creadoras, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño; artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes e moda que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa autoría propia e a distribución sexa a pequena escala.

O concello establecerá un prezo 150 euros pola participación de cada persoa solicitante e caseta e o prazo para presentar a solicitude estará aberto ata o 1 de novembro.