Skip to main content
Axenda Caducada

En marcha unha nova edición do Camiño Gastronómico do Mar

Por 17 Outubro, 2021Decembro 12th, 2021Sin comentarios

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, xunto coa Asociación  Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela e coa  colaboración de Armadores de Burela, poñen en marcha unha nova edición  do Camiño Gastronómico do Mar, unha campaña gastronómica que  servirá un ano máis para promocionar o Camiño do Mar, ruta xacobea que  comunica por terra o Camiño Norte e o Camiño Inglés a Compostela.

O Camiño Gastronómico do Mar dará comezo o vindeiro venres 22 de  outubro en Ribadeo e consistirá de novo en oito fins de semana con xornadas  gastronómicas en trinta restaurantes dos quince concellos costeiros polos que  discorre o Camino do Mar: desde Ribadeo (Lugo) a Neda (A Coruña),  pasando por Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo, na  provincia de Lugo; e Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño e Narón,  na provincia de A Coruña.

O obxectivo que se persegue con esta iniciativa é fomentar o consumo de peixe,  apoiar ao sector hostaleiro do norte de Galicia e promocionar o Camiño do  Mar.

A Directora Xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez Moreda, que presidiu a  xornada no lugar da Conselleira do Mar, loubou a boa colaboración entre  empresas e administración para poner en marcha estas iniciativas, e pechou  o acto animando ao público participar e selar cada semana o díptico da  campaña, que, a modo de peculiar “Compostelana”, dará a oportunidade de  gañar un “premio especial” ás persoas que o presenten con máis de dous  selos dos oito posibles. O listado de datas e locais participantes pódese consultar na web www.opplugo.com/caminodomar.

Ao finalizar a presentación puidéronse degustar algunhas receitas das catro  especies que, como máis representativas das frotas pesqueiras de OPP Lugo,  poderanse degustar cada semana en dous restaurantes de cada concello:  nuns ofreceranse pratos de pescada do pincho e xurel; e noutros receitas de  peixe espada e peixe sapo.