Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAAxenda CaducadaCervo

O Concello de Cervo organiza unha andaina polo Dia contra o Cancro de Mama

Por 16 Outubro, 2021Outubro 19th, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama. 

Ás 17:30 horas a Supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.

Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.