Skip to main content
Axenda Caducada

O libro Sempre Vivas presentarase aos estudantes para concienciar contra a violencia de xénero

Por 23 Outubro, 2021Outubro 27th, 2021Sin comentarios

O 27 de outubro ás 11.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire haberá un acto d epresentación do libro Sempre Vivas.

Este acto farase para o alumnado de 4º E.S.O e 1º de B.A.C co obxectivo de “lanzarlles unha mensaxe de concienciación sobre a necesidade de erradicar a violencia machista desde idades temperás e dar a coñecer os recursos de prevención que están a disposición das mulleres”, sostén a rexedora lucense.

“Este libro aborda a cuestión do machismo, da igualade e do terrorismo patriarcal contra as mulleres”, avanza a rexedora, que explica que a concellería asume a reedición de 2.000 exemplares, dunha obra escrita por importantes autoras galegas contemporáneas, que serán cos que se agasallen aos participantes do acto.

A Concellería pon en marcha esta actividade, na que a través da literatura pretende chegar aos máis novos e novas, “co obxectivo de avanzar no desexo da igualdade e no rexeitamento de todas e cada unha das formas de violencia contra as mulleres”.

“Somos conscientes de que o cambio que todas e todos desexamos en materia de igualdade precisa da colaboración de todos os colectivos da sociedade, pero é moi importante dentro da comunidade educativa, xa que a grave situación da violencia de xénero non se resolverá sen a implicación e o compromiso e cambios na educación” apuntaba a Silvia Alonso.

Anxos Sumai, Berta Dávila, Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Esther F. Carrodeaguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira son as dez autoras dunha obra publicada pola editorial Galaxia que, desde diferentes puntos de vista, falan da igualdade e violencia machista.