Skip to main content
Axenda Caducada

A Rede Museística celebra 15 anos cunha webserie

Por 3 Outubro, 2021Decembro 31st, 2021Sin comentarios

O 30 de setembro de 2004 formalizouse a creación da Rede Museística Provincial, como paraugas para a actividade do Museo de Lugo -que nacer ao abeiro da Deputación de Lugo no 1932 -e do Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla e o Pazo de Tor, que foron incorporando posteriormente, a través da adquisición da propiedade ou da xestión, á institución provincial.

O nacemento da Rede consolidou unha forma de organización do traballo fundamentada nas premisas da museoloxía social e que prioriza a escoita e a integración da comunidade e as propostas vinculadas ao territorio no que se asenta cada un dos museos.

Coincidindo con este quince aniversario, o auditorio da Facultade de Humanidades do  Campus Terra de Lugo acolleu a estrea dos dous primeiros capítulos da webserie Un ronsel de futuro, un proxecto realizado por Señor López Producións  que amosa, a través da linguaxe audiovisual, os contidos materiais e emocionais dos catro museos, así como documentar a súa historia e patrimonio.

A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, sinalou que a escolla do escenario para a estrea se debía “a estreita relación entre a Rede Museística e a Facultade de Humanidades, especialmente a través do grao e o máster de Xestión Cultural, e da vontade dos museos de traballar na conservación, estudo e difusión do patrimonio con outras entidades, asociacións e colectivos. Tecendo redes con todas e todos” .

Proxecto aberto a centros escolares

O proxecto está aberto ademais á participacion dos centros escolares a través dunha actividade incluída na programación didáctica que a Rede ofrece á comunidades educativa. Aqueles centros escolares que realicen algunha das actividades didácticas, cuxo catálogo pode consultarse na web comunidadermpol.es serán convidados a realizaren un vídeo de entre 5
e 6 minutos, para recoller a experiencia ou o aprendido durante a mesma. Ao remate do curso escolar, premiaranse as mellores creacións.