Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Vestas seguen coas protestas diarias

Por 19 Outubro, 2021Sin comentarios

Fotos de Viveiro en imágenes

Os traballadores de Vestas seguen coas súas manifestacións en protesta ao peche da fábrica danesa asentada en Chavín. Este peche suporá o despedimento de 115 empregados.

Así, un grupo de traballadores fixeron unha queima de pneumáticos fronte á entrada da factoría para protestar contra o peche da factoría e contra a negativa da directiva a negociar.

Esta situación suporía un agravamento da situación da industria e do emprego non só na Mariña, senón tamén en moitos concellos próximos da comarca de Ortegal.