Skip to main content
Axenda CaducadaComarca AMARIÑAXA

O comité de empresa de Alcoa convoca unha caravana de coches

Por 26 Outubro, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao organiza unha nova manifestación para o domingo 31 de outubro en apoio aos traballadores do sector industrial da Mariña lucense.

Este acto será unha caravana de vehículos que sairá simultáneamente ás 11.30 horas dende a estación de autobuses de Ribadeo e dende o aparcadoiro ao lado da estación de autobuses de Viveiro, para así rematar ás 14.00 horas en Burela.

O desmantelamento industrial da comarca non para e o ERE de Alcoa afectaría a 524 traballadores da planta de aluminio primario de San Cibrao e o peche de Vestas afectaría a un total de 115 empregos directos.