Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Vestas rechaza ampliar ata finais de ano as negociacións do ERE

Por 28 Outubro, 2021Sin comentarios

O voceiro do comité de empresa de Vestas, David Mariño, informou de que “a empresa négase a ampliar as negociacións do ERE ata final de ano”.

Así, Mariño di que “podería dar tempo a atraer a un inversos real a Viveiro que garantice a contunuidade da planta e dos empregos”.

Trala reunión do período de consultas, Mariño informoi que a empresa mantense tan só quere que a negociación dure ata o 5 de novembro.

A intención de Vestas é “convocarnos diariamente esgotando deste xeito as reunións necesarias para xustificar correctamente o periodo de consultas e poder executar o ERE sen maior problema”, di Mariño.

O comité emprazou a Vestas a reunirse o vindeiro 4 de novembro. O persoal mantense na reclamación de manter os postos de traballo, e di que as recolocación son “tramposas pois non temos máis que mirar os nosos antigos compañeiros de León; de casi 400 empregados apenas 4 foron finalmente as recolocaciones reais”, engade.

“As promesas eran recolocar o total dos empregados a traves de moitos mecanismos, pero unha vez firmado o ERE, desaparecen as boas vontades, e saltan a torera todos os planes de recolocación”, remata dicindo.