Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Valentín González Formoso gaña as Primarias do PSdeG

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

Valentín González Formoso gañou as eleccións Primarias para a Secretaría Xeral do PSdeG.Así celebradas este sábado.

O alcalde pontés impúxose en cinco das sete cidades galegas, A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense e Lugo, mentras que Gonzalo Caballero gañou en Vigo e Pontevedra.

Formoso explicou que “hoxe é un día francamente bonito para esa expresión democrática que só o Partido Socialista pode desfrutar internamente, como son as Primarias” e subliñou que “a militancia teña a potestade de escoler os seus liderados a través dunha ferramenta que nos sitúa á vangarda na implantación dos procesos democráticos na vida política”.

Formoso aposta por un modelo de partido “forte e unido, que volva a ilusionar á militancia, que sexa integrador e conte con todo o mundo” e que teña os pés no chan, estando ao carón da cidadanía e volvendo a ter criterio nos asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, que faga un socialismo útil para a sociedade”.