Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Rafa Merino súmase ao corpo técnico do Pescados Rubén Burela FS

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

Rafa Merino Rodríguez, nado en Terrassa en 1981, incorpórase ao Pescados Rubén Burela FS como segundo adestrador no bloque que dirixe Alberto Riquer. 

O catalán, que xa traballa co equipo laranxa desde a semana pasada, chega á Mariña despois dunha amplísima traxectoria na estrutura do Esportiu Rubí FS, como coordinador desde a base ata os conxuntos sénior e con este club xa visitou Vista Alegre en Primeira Feminina. Ademais de coincidir con Alberto Riquer na súa etapa formativa como adestradores, as súas experiencias volveron atoparse na liga inglesa, Rafa á fronte do Birmingham e Riquer co Baku.