Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Mañá comeza a XXXIII Tirada de Bolos de Xove

Por 15 Outubro, 2021Sin comentarios

Comeza unha nova tempada da Tirada de Bolos Concello de Xove, así, mañá día 16 de outubro o Centro Social de Lago acollerá o primeiro torneo da edición.

Este campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 12 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Vilachá.

Como consecuencia do covid poderíase suspender algunha ou a maioría das tiradas do campionato. Se este fose o caso, para proceder á entrega de premios e trofeos finais deben terse realizado un número significativo de tiradas, que se establece como mínimo, en dous tercios do campionato, é dicir, ter completadas 12 tiradas das 18 totais. Debido ao anterior, o campionato poderá ser prorrogado ampliándose a súa duración por prazo de 1 mes, ata o sábado 16 de abril de 2022. Acadada esta data, de non terse completado as 12 tiradas, eliminaríase a clasificación final e non se entregarían os premios nin trofeos. Pero bueno, dado a boa evolución dos datos de contaxio da Covid-19, esperemos que non teñamos que suspender ninguna tirada e poidamos desenvolver o campionato con normalidade. 

Na temporada pasada 20-21, onde a pandemia  covid-19 afectou dunha maneira moi dura,  “puidemos celebrar e completar o campionato cunha certa normalidade, tomando ás lóxicas medidas de protección, coa total colaboración  dos participantes que cumpriron aestrictamente os protocolos impostos pola organización”, din dende o club de Bolos de Xove.

Ata esta tempada, en cada campionato os xogadores tiñan que pagar unha inscrición para poder participar. Co que se recadaba nesa inscrición ao remate de cada tirada fanse uns pinchos para todos os participantes. Lóxicamente este ano, “inicialmente e por seguridade,  non se van poñer pinchos ni ningún tipo de comida ao remate de cada tirada. Se a situación mellorase e a normativa permitira as comidas conxuntqas dun grupo numeroso de persoas, replantexaríamonos voltar ao sistema anterior de pago por inscricións”, engadiron.

CALENDARIO

  • Sábado 16 de outubro: Centro Social Lago
  • Sábado 23 de outubro: Clube Palmeiro en A Rigueira
  • Sábado 30 de outubro: Centro Social Penasagudas- Monte
  • Sábado 6 de novembro: Campo de fútbol municipal de Xove
  • Sábado 13 de novembro: Centro Social O Cruceiro-Xuances
  • Sábado 20 de novembro: Centro Social A Vara-Xuances
  • Sábado 27 de novembro: Centro Social de Sumoas
  • Sábado 4 de decembro: Centro Social Morás
  • Sábado 11 de decembro: Centro Social de Vilachá en Portocelo.
  • Domingo 12 de decembro: Centro Social de Lago.
  • Sábado 15 de xaneiro: Clube Palmeiro en A Rigueira
  • Sábado 22 de xaneiro: Centro Social Penasagudas- Monte
  • Sábado 29 de xaneiro: Campo de fútbol municipal de Xove
  • Sábado 5 de febreiro: Centro Social O Cruceiro-Xuances
  • Sábado 12 de febreiro: Centro Social de A Vara-Xuances
  • Sábado 19 de febreiro: Centro Social de Sumoas
  • Sábado 5 de marzo Centro Social de Morás
  • Sábado 12 de marzo: Centro Social de Vilachá