Skip to main content
Barreiros

O PP de Barreiros di que as escolas deportivas municipais “son as máis caras da Mariña”

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular denuncia que as escolas deportivas de Barreiros “son as máis caras da Mariña”. Concretamente, o voceiro do Grupo Municipal, José Manuel Gómez Puente, indica que “os 25 euros que teñen que pagar as familias ao mes por unha actividade dos seus fillos vailles supoñer uns 200 euros polos oito meses que duran estas escolas”.

O popular cualifica este custe de “sablazo que non podemos permitir, sobre todo, para aquelas unidades familiares que teñen un poder adquisitivo baixo e, nun momento”, di Gómez Puente, “no que todos temos que sumar para favorecer a recuperación económica”.

ABARATAMENTO

Por este motivo, dende o PP pídenlle ao equipo de goberno que “sexa sensible e adopte as medidas necesarias para que ningún neno ou nena se quede sen poder realizar deporte por motivos económicos”. Asemade, solicitan á rexedora nacionalista o abaratamento do custe e o adapte á media do resto de Concellos da comarca. Neste senso, os populares solicitan que esta redución tamén se aplique segundo o nivel de renda familiar.