Skip to main content
Burela

Burela están comezando un novo proxecto cos centros educativos

Por 5 Outubro, 2021Sin comentarios

Dende o Concello de Burela están comezando un novo proxecto cos centros educativos que consiste en fomentar a participación da mocidade na mellora da vila.

Segundo a concelleira de Mar e Servizos Sociais de Burela, Carmela López, “queremos que Burela sexa recoñecida como unha cidade amiga da infancia”.

Neste proxecto haberá un grupo de participación adolescente que terá varios eixos vertebrais no que os propios nenos e nenas conformarán o grupo xunto cunha persoa encargada de dinamizalo e que será un rapaz titulado como dinamizador experto en grupos de participación. Ademais de alguén no Concello que se implique no proxecto, neste caso será Noelia Legaspi, a Educadora Familiar, e tamén a implicación de Unicef Galicia que é a coordinadora.

O proceso para formar un grupo de participación será en primeiro lugar o de poñerse en coñecemento os IES do proxecto e coordinarse talleres de difusión, nos que dende o Concello din informan que “xa estamos traballando co IES Monte Castelo e Perdouro”.

O dinamizador da talleres en cada curso dos IES en Burela, para intentar captar rapaces e rapazas para o grupo. A persoa do Concello implicada porase en contacto con Unicef Galicia para que lle indique os pasos de xestión así como as pautas para entrar na comunidade de infancia e demais. Faranse grupos de traballo e despois comezará a funcionar facendo un taller mensual.