Skip to main content
Burela

O Vencello de Burela denuncia os problemas de falta de persoal do centro de saúde

Por 3 Outubro, 2021Outubro 4th, 2021Sin comentarios

O Vencello vén de denunciar publicamente os problemas de falta de persoal que está a padecer no centro de saúde burelés.

“Hai xa semanas que os veciños sufrimos a escaseza de persoal facultativo e de enfermería (actualmente so hai tres facultativos pasando consulta, cando o habitual é que sexan sete) o que está a provocar a dilatación nos prazos para a atención nas consultas dos doentes”, di a voceira da asociación Brixida Pino.

“Somos conscientes de que o persoal sanitario en todos os centros de saúde -e tamén no noso- é escaso, atópase desbordado e atendendo como pode a máis usuarios do debido, todo isto á conta de aumentar o seu xa estresante xornada laboral”, engade Pino. 

Por isto, reclamanlle á Consellería de Sanidade e ao Sergas que cubran “canto antes estas prazas”.