Skip to main content
Axenda Caducada

O auditorio de Burela acollerá a entrega de premios do primeiro certame Musicarte

Por 15 Outubro, 2021Outubro 23rd, 2021Sin comentarios

O auditorio municipal acollerá o 23 de outubro a entrega de premios do primeiro certame Musicarte, que organizou a Concellería de Cultura. 

O edil José Díaz anunciou que “o sábado 23 de outubro ás 20:30 horas no auditorio municipal de Burela imos facer a entrega de premios do primeiro certame Musicarte, concurso de videoclips para escolas de música e conservatorios de Galicia que organizamos hai uns meses e para o que houbo unha boa participación de varios centros musicais galegos. E finalmente o xurado, que estaba composto por Pepe Vázquez Peiteou, por Estíbaliz Veiga como presidenta e por Matías Nicieza, os tres vinculados ao mundo do cinema e da gravación audiovisual, fallou ese resultado final, que xa temos, e convocamos por tanto aos participantes que queiran asistir a esa entrega de premios de Musicarte o día 23”.

O concelleiro de Cultura lembrou que “son catro categorías: o mellor videoclip inédito, o mellor videoclip en galego, o mellor videoclip cover (unha versión dun existente xa coñecido, non inédito) e por último o mellor videoclip para o público, que é en base aos comentarios positivos na canle de Youtube do Concello de Burela, onde están todos os vídeos participantes”.

E engadiu que “contaremos coa presenza de Estíbaliz Veiga, que nos apoiou neste proxecto desde o principio”.