Skip to main content
Cervo

Adxudicados case 28.910 metros cadrados de solo empresarial en Lugo e Cervo

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

O Goberno galego acaba de adxudicar case 70.000 m2 de solo empresarial no conxunto da Comunidade cunha bonificación sobre o prezo de venda de preto de 3 millóns de euros. 

En concreto na provincia de Lugo son un total de 28.910 metros cadrados que se atopan nos concellos de Cervo e de Lugo.

Así, no polígono empresarial de Cervo asignáronse 4.424 metros cadrados nunha parcela e no parque empresarial das Gándaras de Lugo son 6 parcelas que suman 24.486 metros cadrados.

De feito, no que vai de ano, a Xunta xa adxudicou ou ten reservados máis de 327.000 metros cadrados de solo empresarial en todo Galicia, que supoñen en total un prezo de venda de 24,5 millóns de euros.