Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria

Por 23 Outubro, 2021Outubro 24th, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano – a excepción do anterior debido á pandemia – a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña. 

Ao longo deste curso  trabállanse técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións neurocognitivas.

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria; contribuíndo a mellorar o seu estado de ánimo, a súa autoestima, fomentando as relación sociais…; en definitiva, tentando mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Para ser impartidas, as clases deberán ter un mínimo de seis alumnos ou alumnas. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia, as sesións estarán limitadas a unha por grupo á semana. Os interesados e interesadas pódense apuntar na Casa da Cultura de San Ciprián ou no número de teléfono 982 59 51 57. 

Villares e Pilar Armada, delegada de Servicios Sociais, animan a todos eses veciños que aínda non participan no taller de memoria a que se sumen á actividade que é moi positiva en todos os aspectos.