Skip to main content
Foz

O pleno de Foz aprobou unha moción para renovar a rede de distribución de auga

Por 2 Outubro, 2021Sin comentarios

O pleno de Foz aprobou unha moción para que se inicien as xestións necesarias para renovar a rede de distribución de auga e evitar as frecuentes roturas.

“O ciclo da auga é unha materia na que a xestión do goberno local, presidido polo socialista Cajoto, é máis que deficiente”, di o portavoz popular do Concello de Foz, Javier Castiñeira. No que se refire ao abastecemento, segundo explica Castiñeira, “instamos ao goberno municipal  a que trate de dar solución aos múltiples problemas que temos con este servizo”. Sinala que “hai roturas na rede de distribución de auga que afectan a zonas como Marzán ou Vilar Ponte e que nalgún momento poden chegar a causar danos maiores. Hai que actualizar o contrato que está caducado dende o ano 2017; hai que sacar  esa concesión, que pode traer incluso obras. Non se debe esquecer que hai un remanente de tesourería procedente do mandato pasado e que se pode usar para novas instalacións da rede de abastecemento”.

Castiñeira lembrou que o seu grupo presentou no pleno unha moción de urxencia para tratar de dar solución á crise que vive a Escola de Música. O portavoz popular di que “a pesar do anuncio de que Felipe Sánchez vai seguir, queremos que haxa compromisos. Tivemos o voto en contra do alcalde e do Partido Socialista, pero seguiremos vixiantes para que  isto se vaia arranxando e coñecer cales foron eses compromisos que levaron ao alcalde a cambiar de actitude neste asunto”. En resumen, os populares “están satisfeitos por ter feito un bo traballo neste mes de setembro”.