Skip to main content
Axenda Caducada

Tres alumnos do IES de Foz están de prácticas nun restaurante lisboeta

Por 17 Outubro, 2021Outubro 19th, 2021Sin comentarios

Tres alumn@s do IES de Foz realizan a súa formación práctica en Lisboa. Son Doroteia Tavares, José Carlos García e Alfonso Díaz Seronero, que están traballando no restaurante Bairro do Avillez, da capital portuguesa, grazas a unha beca Erasmus. Todos eles remataron a súa formación no ciclo medio de Cociña e realizan estas prácticas como recentemente titulados.

A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, destaca que “este restaurante é propiedade de José Avillez, importante chef portugués con establecementos en todo Portugal e Dubai. A experiencia está sendo moi satisfactoria e enriquecedora para o alumnado, que está aprendendo a elaborar pratos típicos da gastronomía portuguesa e disfrutando da cidade”.