Skip to main content
Foz

Unha veciña de Forxán cumpre 100 anos

Por 20 Outubro, 2021Sin comentarios

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, visitaron á veciña de Forxán Asunción Rico, que cumpriu 100 anos, e entregáronlle un obsequio do Concello.

Ana Rojo explicou que Asunción Rico “é orixinaria da Pontenova, onde casou, traballou no agro, ela e o seu marido, que tiveron 5 fillos e 7 netos. Recibiunos chea de enerxía, xunto aos seus familiares, lembrando momentos da súa vida e facéndonos participes dás súas vivencias. Felicidades a dona Asunción e á súa gran familia neste día tan especial. Parabéns!”.

Esta focega súmase a Belarmino Vázquez Otero de Cervo, a veciña de Alfoz Fuensanta Balseiro e a pontenovesa Herminia Iravedra Iravedra.