Skip to main content
Lourenzá

Organizan un taller de memoria en Lourenzá

Por 13 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lourenzá organiza de novo en outubro un taller de memoria. Os interesados poderán anotarse no centro social O Torreón dos Frades en horario de 9.00 a 13.00 horas ou chamando ao teléfono 982 12 10 36.

O prazo para anotarse remata o 19 de outubro, e ese mesmo día haberá unha reunión informatica na sala do Torreón para organizar os horarios e plantexar dúbidas.

O obxectivo fundamental do taller de memoria é a estimulación de capacidades cognitivas de orientación espacial, temporal e de linguaxe, traballando os dous tipos de memoria, a curto e longo prazo.