Skip to main content
ChantadaMondoñedoMonforteRábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Isabel Rodríguez destaca a oferta de solo industrial de SEA na provincia

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, analizou coa xerente da sociedade estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA) a evolución dos proxectos que desenvolve na provincia este organismo dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Rodríguez e Sestayo mantiveron unha xuntanza na Subdelegación do Goberno coa finalidade de impulsar a creación de emprego na provincia a través das políticas activas do Executivo.

Na xuntanza, Rodríguez e Sestayo avaliaron a evolución dos catro polígonos industriais que xestiona SEA na provincia de Lugo, que están situados en Monforte de Lemos, Mondoñedo, Rábade e Chantada e contan con un total de 870.626 metros cadrados de superficie.

Isabel Rodríguez constatou a boa evolucion dos polígonos industriais da provincia, froito do impulso dado por Beatriz Sestayo a SEA, que facilitou a multiplicación da súa ocupación e tamén se interesou polas actuacións previstas para dinamizar a economía e o emprego nos concellos nos que a sociedade estatal dispón de solo industrial.

A subdelegada destacou que a xestión do SEA enmarcase na “forte aposta pola creación de emprego e o apoio aos emprendedores, aos que se ofrece a posibilidade de instalarse no seu entorno a prezos moi vantaxosos”. Neste sentido lembrou que “as políticas de emprego son prioritarias para o Goberno como se está a demostrar co escudo social deseñado para protexer aos traballadores, autónomos e pequenos empresarios especialmente prexudicados pola pandemia. Neste sentido, lembrou que o Goberno vén de ampliar ata o 28 de febreiro próximo as medidas de protección social para facer fronte a situacións de vulnerabilidae social e económica derivadas da crise sanitaria.

En Monforte de Lemos SEA xa está a analizar a ampliación do polígono para atender a demanda existente, dado que só quedan catro parcelas disponibles logo de que nos tres últimos anos se pecharan operacións de venda de 16 parcelas. No que vai de ano xa se pecharon operacións con 7 empresas, que afectan a máis de 51.000 metros cadrados de superficie. por unha cifra que supera o millón de euros.

Tamén en Rábade, tralas últimas operacións pechadas a ocupación do solo supera o 90% e hai varias negociacións en marcha, polo que se prevé que se agote nos vindiros meses.

No caso do polígono de Mondoñedo, a xerente de SEA destacou a forte aposta realizada pola oferta de solo en dereito de superficie, un sistema próximo a un alugueiro con opción de compra grazas ao cal as empresas poden instalarse por cantidades inferiores a 100 euros ao mes. Esta é unha fórmula coa que se pretende fomentar o emprendemento e facilitar a instalación de empresas, co obxectivo prioritario de crear emprego. En Mondoñedo, pódese optar con este sistema por ata seis parcelas diferentes, que supoñen un total de 6.482 metros cadrados.

Solo Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, nas provincias de Lugo (Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade), de A Coruña (Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo) e de Pontevedra (Vilanova de Arousa e Catoira).