Skip to main content
Mondoñedo

Reabre o Albergue Público de Peregrinos de Mondoñedo trala súa renovación

Por 31 Outubro, 2021Novembro 1st, 2021Sin comentarios

O vindeiro día 2 de novembro reabre as súas portas o Albergue Público de Peregrinos de Mondoñedo, totalmente renovado.

Tras un mes de obras de renovación interior, cerramentos e cubrición, co financiamento da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 21-22, o albergue municipal reabre as súas portas ao público para a atención de todos os peregrinos da ruta norte xacobea.

Dende o Concello de Mondoñedo valórase moi positivamente a implicación da Xunta co Camiño Norte e con Mondoñedo a través da mellora das instalacións do mesmo e, en especial neste caso, coa achega feita a Mondoñedo para actualizar o servizo de atención aos peregrinos.