Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol está a desenvolver o Proxecto Habita Rural

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Ourol en colaboración coa organización sen animo de lucro Ecos do Sur está a desenvolver o Proxecto Habita Rural neste municipio.

Unha das accións incluídas neste proxecto é a de facilitar información sobre vivendas disponibles a persoas que queiran residir no Concello.

A iniciativa inclúe a elaboración dunha listaxe de vivendas pertencentes a propietarios interesados en alugar, ceder ou vender a súa propiedade.

As persoas que desexen incluir a súa vivenda neste censo deberán poñerse en contacto co concello e este traladará a súa petición a Ecos do Sur. A ONG contactará cos/as interesados/as para avaliar a adecuación da vivenda e as posibilidades para o aluguer, cesión ou venda, así como os recursos públicos existentes en materia de rehabilitación e aluguer social, no caso de ser pertinente.

A inclusión no censo de vivendas non ten custe e a información será tratada de xeito confidencial. O censo non será público sin será tratado con outro fin que o informativo para persoas que desexen residir no municipio.

Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol, en horario de 8:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982 559 109.