Skip to main content
Ribadeo

Remataron as obras de mellora do alumeado da rúa Picarolas de Ribadeo

Por 9 Outubro, 2021Sin comentarios

Remataron as obras de mellora do alumeado da rúa Picarolas, que supuxeron un investimento de 22.500 euros. 

O proxecto supuxo a instalación de 7 novas luminarias de tecnoloxía led de 60 vatios. Esta zona da vila contaba con alumeado, pero moi limitado e con estas actuacións de mellora o que quixemos, ademais de aumentar o número de farolas, foi tamén cambiar de lado a súa instalación. Antes estaba no lado esquerdo da rúa e con esta obra quedou situado na parte dereita, sobre a beirarrúa.

Os traballos deron comezo o pasado mes de setembro e a rúa Picarolas estivo pechada ao tráfico uns días.