Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo saca a licitación o contrato para o programa Aquí?… como de 20

Por 27 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello saca a licitación o contrato de servizos de execución do programa Aquí?… como de 20, que se desenvolverá nas parroquias. O importe é de 50.000 euros e a duración do devandito programa será de 9 meses. 

Na plataforma de contratos da web municipal licitaron o contrato de servizos valorado nuns 50.000 euros para que todas aquelas empresas cualificadas poidan presentar a súa oferta. O obxectivo é poder levar adiante toda esta chea de servizos e de actividades.

Aquí?… coma de 20! deu comezo no ano 2013. Os seus obxectivos pasan por promover as relacións interpersoais e interxeracionais, favorecer o coñecemento do medio e as relacións entre as parroquias, vivir un ocio san e saudable, promover a integración social, aumentar a autoestima persoal e fomentar a mellora das condicións físicas e psíquicas dos/as usuarios/as. 

Dende o Concello dixeron que “nesta normalidade na que nos estamos situando tamén queremos volver facer as actividades que antes da pandemia tiñan moito éxito nas parroquias como Aquí?… como de 20!, esta iniciativa tan valorada que recollía propostas socioculturais e actividades físicas como ximnasia. Agora queremos volver a poñela a andar, tal e como tiñamos previsto, nas diferentes parroquias, nas escolas e teleclubs de titularidade municipal”.