Skip to main content
Trabada

Avanzan os traballos de mellora na rúa Cotarelo de Trabada

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

Os traballos na rúa Cotarelo de Trabada “van a bo ritmo”, segundo as autoridades que visitaron as mesma para comprobar a intervención que mudará a estética da rúa Cotarelo.

Entre outros traballos,  acondicionarase o firme e  construiranse beirarrúas en ambas marxes, ao mesmo nivel da estrada para eliminar barreiras arquitectónicas; habilitarase un carril de circulación de sentido único e delimitaranse prazas de aparcamento.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsou as obras de reforma que se executan achegando ao concello 67.700 euros para as obras. Esta actuación está cofinanciada ao abeiro do Plan Hurbe, orientado a mellorar as infraestruturas nos municipios de menos de 20.000 habitantes.

Ademais, contémplanse os servizos de saneamento e abastecemento, así como a canalización soterrada da rede de iluminación pública, a de baixa tensión e a de telefonía. Colocaranse bocas de rego e de incendios así como a sinalización e outros elementos necesarios.