Skip to main content
O Valadouro

Reubican unha parada de autobús escolar no Valadouro tralas queixas dos pais

Por 2 Outubro, 2021Outubro 4th, 2021Sin comentarios

Tralas queixas de varias familias do Valadouro polas paradas do bus escolar dos alumnos do IES Alfoz-Valadouro a Xunta reubicará unha das paradas.

A devantida paradas de autobús está situada na avenida de Viveiro, en Ferreira do Valadouro, e mudará a súa ubicación a outro punto da mesma rúa.

Os pais informaron que levaban pedindo este cambio porque hai algunhas nas que non hai nenos. Dende o goberno autonómico din que “estan a atender as solicitudes rexistradas no inicio do curso escolar, asumindo todas aquelas que sexan tecnicamente viables”.

“Algunhas das peticións recibidas son practicamente incompatibles entre si e expoñen moitas circunstancias individuais, polo que deben ser avaliadas tendo en conta a normativa existente que, entre outros factores, contempla límites de distancia e tempos de viaxe para que o servizo sexa efectivo e chegue a todos os usuarios en condicións óptimas”, conclúen dicindo dende a Xunta.