Skip to main content
O Valadouro

Aprobado o réxime de dedicacion exclusiva para o alcalde do Valadouro

Por 17 Outubro, 2021Sin comentarios

Despois do pleno celebrado o  venres 1 de outubro no que o PP, a concelleira de Udival e unha concelleira do PSOE rexeitaran a proposta do tenente de alcalde do BNG, Eduardo Chao, de establecer un réxime de dedicacion exclusiva para a alcaldía, este xoves 14 de outubro volveu haber sesión extraordinaria para tratar a mesma proposta pero desta vez presentada pola propia alcaldía. Nesta ocasión si que saíu adiante a proposta e o PP e mais a concelleira do PSOE votaron a favor conxuntamente co equipo de goberno PSOE-BNG

“Se a situación que se dera no pleno do 1 de outubro era esperpéntica, no pleno de onte ese tándem doblou o esperpento cos seus simples e cínicos argumentos, mais propios de persoas enrabietadas nunha pataleta ca de persoas que representan ao pobo do Valadouro, porque non é de recibo que voten en contra de propostas simplemente por que as presente o BNG” afirmou Eduardo Chao, quen recordou que tanto el coma o compañeiro Eliseo Teijeiro renunciaron tamén ás súas dedicacións parciais.

“Cando o BNG está no goberno municipal, parece que o PP perde os nervios” , afirmou Chao, que recordou que “no seu día el mesmo votara a favor da dedicación exclusiva do actual portavoz do PP na oposición José Manuel Lamela cando daquela era alcalde aló polo 2011” e afirmou que “aquí se ve a nula coherencia do PP no Valadouro e do seu portavoz e a pouca seriedade da concelleira díscola que vota co PP”.

O BNG SEMPRE TRABALLA POLO VALADOURO

Os nacionalistas reafirman o seu compromiso co Valadouro e anuncian que o seu traballo van facelo igual sen percibir ningún tipo de salario desde o Concello e afirman que son moitas as necesidades do Valadouro e moitos os proxectos que van poñer en marcha desde as súas áreas e que para esa labor encóntranse con moitas forzas e moitas ganas de sacar as cousas adiante, porque “eso é o que demanda a veciñanza”.

Pídenlle ao PP que “deixe de poñer obstáculos ao normal funcionamento do Concello, porque a quen perxudican non é ao BNG, senón ao conxunto dos veciños e veciñas  que son testigos tamén ao longo dos últimos anos do  nulo compromiso  dese partido co concello do Valadouro, en casos tan significativos coma no do Polígono Industrial, donde nada moveron nin fixeron” asegurou Eliseo Teijeiro.