Skip to main content
O Vicedo

Teatro e un magosto para o mes de outubro no Vicedo

Por 5 Outubro, 2021Sin comentarios

Dende o Concello do Vicedo seguen coas actividades para outubro que contan con teatro e concertos ademais de con algunha actividade para celebrar o magosto.

Así, o xoves 7 outubro ás 16.45 horas haberá teatro infantil a cargo de Ghazafellos e que presentará A Caixa sen Pandora. O sábado 16 outubro ás 20.00 horas poderase desfrutar de Pinconus, comedia teatral, e o seguinte sábado ás 18.00 horas será a quenda dos monicreques con O Show de Barallocas de Marionetas Trécola.

Xa o domingo 24 ás 19.00 horas será o concerto da Banda Municipal de Lourenzá e o sábado 30 de outubro ás 19.00 horas haberá unha charla sobre as aves migratorias e as pardelas da Coelleira.

O derradeiro día de outubro, o domingo 31, será a celebración do Samaín, que levará polas parraquias do Concello un magosto móbil.