Skip to main content
Viveiro

Viveiro anuncia a exposición pública da actualización do Inventario de Bens Municipais

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro anuncia que vén de realizar unha revisión e actualización do Inventario de Bens Municipais. Para isto, contratouse unha empresa especializada que, coa colaboración dos técnicos municipais, elaboraron o novo inventario, no que se recollen todos os bens de titularidade municipal.

Grazas a esta actualización, o Concello de Viveiro poderá contar cun rexistro administrativo e unha ferramenta de traballo que poida permitir aos veciños e veciñas coñecer con exactitude os bens de titularidade municipal, dotando así de seguridade xurídica, entre outras cuestións, ás tramitacións urbanísticas en parcelas colindantes con viais de titularidade deste concello.

Nos ultimos anos estábanse a tramitar, ao non estar o inventario actualizado, moitos procedementos de investigación de camiños, ben por que eran públicos e non se atopaban no inventario, ou por que se atopaban e eran de servidume. Este problema preténdese solventar coa aprobación do novo inventario. 

Para que este inventario sexa o máis preciso posible, o Concello de Viveiro decidiu realizar este trámite de exposición pública que non resulta obrigatorio por lei para que todos os veciños poidan comprobalo e presentar, no seu caso, as alegacións oportunas e así corrixir antes da aprobación definitiva as posibles anomalías que se poidan detectar.

O anuncio de exposición pública, en relación ao expediente tramitado para a aprobación provisional do Inventario Municipal de Bens, tras a súa aprobación polo Pleno da Corporación en fecha 7 de setembro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) con data do 1 de outubro de 2021.

Este expediente estará exposto ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, para que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o expediente nas dependencias municipais e formular as alegacións e suxestións que estime pertinentes.

A documentación correspondente á planimetría estará exposta ao público na sala de exposicións da Biblioteca Municipal, sita na Praza Maior nº 1 de Viveiro, de luns a venres en horario de 8:30 a 15:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

Na propia sala haberá formularios a disposición dos interesados para presentar as alegacións e suxestións que se estimen pertinentes, debendo axuntar a documentación acreditativa das cuestións expostas nas mesmas. Estes formularios poden descargarse, así mesmo, da páxina web municipal.

Para calquera dúbida que xurda na revisión da planimetría exposta poderase consultar aos técnicos do Departamento de Bens Municipais