Skip to main content
Viveiro

Veciños do Casco Antigo de Viveiro critican as consecuencias da ‘movida’ durante o Pilar

Por 13 Outubro, 2021Sin comentarios

Dende a Asociación de  Veciños do Casco Antigo de Viveiro poñen de manifesto as consecuencias “da movida no casco antigo de Viveiro durante a ponte do Pilar”.

Rematou unha fin de semana longa debido á festividade do Pilar e dende a asociación estamos moi descontentos cos testimonios trasladados unha vez máis pola veciñanza. Botellóns, berros,  mexos, pelexas, e un longo etcétera, seguen á orde do día e, consecuentemente, os  veciños seguimos sen durmir e sen estar tranquilos nos nosos fogares. Agora entra un elemento novo, as casas vellas”, din.

“Comunicamos en moitas ocasións a proliferación e a consecuente perigosidade que albergan os inmobles sen habitar e prácticamente abandonados á súa sorte. Pois agora a diversión consiste en tirar as portas dos mesmos e entrar, non se sabe ben a que. O que nos falta é que haxa algún derrumbamento ou se produza algún lume. Está claro que cada vez vai haber máis casas deshabitadas porque vivir en determinadas rúas estase a convertir nun calvario para a veciñanza”, engaden taxantes.  

As rúas conflictivas “luciron en todo o seu explendor”, como se pode ver nunha das fotos que os veciños retrataron ao despertar.  

O pasado 20 de setembro tiña lugar a reunión desta asociación coa alcaldía e cos corpos de seguridade para tratar o tema e mirar vías de solución a tan grave problema. “Entre as indicacións que se deron dende os corpos de seguridade, foi a de chamar ao 091 ante calquer altercado”, informaron dende o colectivo veciñal, “Houbo chamadas tal e como se nos indicou pero o problema todavía sigue esperando solución”.  

Esta reunión non foi a primeira, foron moitas as que tivo esta asociación tanto co Concello como cos corpos de seguridade para tratar o tema, “sempre con propostas pola nosa parte  e con actitude colaborativa”, contan. “En vista de que os problemas non é que persistan, senón que se agravan, cremos que a mellor opción é dar a coñecer a situación ao resto da veciñanza que non a sofre por non residir nas rúas onde se realizan éstas acción, e si é necesario,  pasarlle información á prensa todas as semanas de como vivimos nas nosas casas durante as noites de ocio”.  

Así, agardan que as autoridades e corpos de seguridade se comprometan a resolver o problema coa maior celeridade sen chegar a lamentar calquer suceso que non teña volta atrás.