Skip to main content
Axenda Caducada

Xove acollerá dous cursos sobre o manexo da Oficina Agraria Virtual

Por 3 Outubro, 2021Outubro 7th, 2021Sin comentarios

Xove acollerá dous cursos sobre o  manexo da Oficina Agraria Virtual (OAV) e da sede electrónica da Xunta. Un está previsto o mércores 6 de outubro e o outro o xoves 7, ambos con catro horas de duración.

Os cursos, impartidos pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Viveiro, teñen como obxectivo que os agricultores e gandeiros se inicien na comunicación electrónica coa Administración galega e que sexan capaces, por exemplo, de facer unha solicitude ou de presentar a documentación requirida nalgúns procesos. Así, explicaránselles os distintos procedementos da Oficina Agraria Virtual, así como os da sede electrónica do Goberno galego. 

A acción está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego. 

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.

Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes. Deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico remedios.soto.lorenzo@xunta.gal e os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982 555 050.