Skip to main content
Axenda Caducada

Alfoz celebra o Día da Biblioteca cun obradoiro e xogos

Por 19 outubro, 2021outubro 23rd, 2021Sin comentarios

O sábado 23 de outubro celebrarán por partida o Día da Biblioteca, primeiro cun Obradoiro para nenas e nenos de 3 a 12 anos na Biblioteca Municipal. Desde as 17:00 horas ata as 20:15 horas os máis pequenos poderán disfrutar de xogos, manualidades e sorpresas para disfrutar dun lugar máxico cheo de historias e tesouros: a biblioteca. Será necesario inscribirse previamente, sendo grupos reducidos e cumprindo coas todas as medidas e protocolos anti covid-19.

As inscricións e información publicaranse na web municipal a semana do 11 de outubro, estando tamén dispoñibles na Casa do Concello, onde se rexistrarán ditas inscricións.

As 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, poderase disfrutar do espectáculo “Pinocus”, unha comedia musical dirixida a toda a familia. Forma parte do Ciclo Seráns Teatrais da Deputación Provincial de Lugo.

A entrada é libre e de balde, non é precisa inscrición previa. Aforo limitado e aplicación dos protocolos de prevención do Covid-19.