Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba Aberta presenta o sábado a nova coordinadora e o seu proxecto político

Por 5 Outubro, 2021Outubro 9th, 2021Sin comentarios

Vilalba Aberta convoca a toda a veciñanza á presentación da nova coordinadora e o seu proxecto político para as eleccións locais, acto que terá lugar este sábado, 9 de outubro, ás 12.30 horas, na praza da Constitución.

Para presentar o seu novo proxecto político, a formación municipalista deseñou unha grande asemblea de micro aberto a todas as persoas que desexen participar (entrada libre ata completar aforo). Pretenden así, dar inicio a esta nova etapa “predicando co exemplo” e poñendo en valor a necesidade de “darlle voz aos vilalbeses/as”.

Elixida por sufraxio de entre os participantes da súa asemblea, trátase dun órgano executivo, lembran, “sempre subordinado ao mandato da propia asemblea” e estruturado en once responsabilidades, a cuxa cabeza se atopará o/a novo responsable de Organización.

Esta coordinadora será presentada por Mónica González e Modesto Renda na primeira das intervencións previstas. A continuación dará comezo a asemblea, aberta á participación de todos os asistentes, e rematará a sesión cunha sesión vermú a cargo do Dúo Estrellas. Haberá bebida e petiscos e a entrada será libre ata completar o aforo.