Skip to main content
Axenda Caducada

Recollen doazóns de sangue o mércores en Xermade

Por 10 Outubro, 2021Outubro 13th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 13 de outubro, no Concello de Xermade, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 18.30 horas ao carón do Concello. A continuación, entre as 19.00 e as 21.00 horas estará en Ropar.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.