Skip to main content
Axenda Caducada

A Irmandade Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros organiza un magosto

Por 18 outubro, 2021outubro 23rd, 2021Sin comentarios

A Asociación Irmandade Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros organiza un magosto popular para o sábado 23 de outubro.

Este acto será na praza do Concello a partir das 20.00 horas e ademais de desfrutar de este manxar, haberá chourizo e torreznos, así como viño, cervexa e refrescos por un prezo de 5 euros.

Ademais contarán coa actuación musical do Cuarteto Tradicional Illa Pancha de Ribadeo.