Skip to main content
Axenda Caducada

Pasada das Cabras de Burela organiza unha nova ruta pola Lagoa de Cospeito

Por 13 Outubro, 2021Outubro 16th, 2021Sin comentarios

A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 16 de outubro de 10 quilómetros pola Lagoa de Cospeito.

A saída será ás 9.30 horas da Estación de Autobuses de Burela e non fai falla anotarse para este roteiro. Dende a organización lembran que cada quen levará o seu propio vehículo e “se alguén non o pode levar repartiranse os asentos”.

É unha ruta moi recomendada para os nenos e cada un terá que levar o seu almorzo xa que se comerá na propia ruta ao aire libre.