Skip to main content
Axenda Caducada

O Vello Lugo Agrario será o protagonista da andaina do Día Mundial da Muller Rural

Por 14 Outubro, 2021Outubro 16th, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo celebrará o Día Mundial da Muller Rural, que se conmemora cada ano o 15 de outubro desde o 2007, cando a Organización das Nacións Unidas o estableceu co obxectivo de recoñecer á muller rural pola súa contribución no desenvolvemento rural e agrícola, a erradicación da pobreza e a mellora na seguridade alimentaria.

Así, animan á veciñanza a participar na programación organizada nuha andaina pola ruta do Vello Lugo Agrario, un itinerario circular de 4,9 quilómetros, de dificultade baixa, que transcorre por unha paisaxe natural de gran beleza. Terá lugar o sábado 16 de outubro ás 11.30 horas.

O punto de encontro será ao carón da Igrexa de Santalla de Bóveda e a participación é aberta e gratuíta. Ao rematar esta ruta, na que colaboran Fademur, Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, e a Asociación de Mulleres A Casiña de Esperante, haberá un aperitivo saudable.