Skip to main content
Axenda Caducada

Presentadas as actividades da festividade de Santos no cemiterio de Lugo

Por 17 Outubro, 2021Novembro 3rd, 2021Sin comentarios

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou as actividades que se realizarán no Cemiterio co gallo da festividade de Santos, retomándose esta celebración despois do parón no 2020 por mor da crise sanitaria. Cristina López presentou as cinco primeiras actividades que comezan xa neste 18 de outubro, e que se estenderán até finais de novembro. “Unha serie de actividades diversas e que agardamos que toda a veciñanza se achegue ao cemiterio”, explicou Cristina López.

O VII Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo  terá lugar do 18 de outubro até o 3 de novembro, que nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Premiaranse tres fotografías, con 600, 400 e 200 euros cada unha.

No día de Santos, o Cemiterio encherase de música durante todo o día. Volta novamente a interpretación de Don Juan Tenorio, que terá lugar o día 21 ás 20:30, correndo a cargo de Palimoco Teatro, mentres que a lectura dramatizada por nenos e nenas de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro, Don Juanín, será o día 28, neste caso ás 19:30. Ambas actividades estarán limitadas a 100 prazas, para o que será preciso anotarse no 010 (982 297 350). O día 28 terá lugar o concerto Música para o Recordo, aberto a toda veciñanza, durante o cal se realizará unha queima simbólica de mensaxes.