Skip to main content
Axenda Caducada

Preséntase en Viveiro o proxecto Patios diversos, que contará con diferentes exposicións

Por 18 Outubro, 2021Outubro 19th, 2021Sin comentarios

Hoxe preséntase en dobre sesión na Sala Multiusos do Concello de Viveiro o proxecto Patios diversos, promovido por Prato_DO e en colaboración con Ceida, Projecto Dispersor, Voz Natura, Sistema Lupo e Concello de Viveiro.

Será ás 12.30 horas e contará con Sergio París, responsable da área de educación e divulgación ambiental do Ceida, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia;  Alejandro, Coordinador do programa Voz Natura; Jaime Páramo de Projecto Dispersor de formación, asesoría e deseño de Agroforesta rexenerativa; Emilio Villarmea, concelleiro de educación de Concello de Viveiro e Lucas Requejo, director de Prato_DO.

Xa ás 19.30 horas será a quenda da charla As Aves mariñas na Mariña e Ortegal, que estará aberta a asistencia a todo o público cun aforo máximo de 40 persoas.

O proxecto Patios diversos, contará con diferentes exposición dende outubro a febreiro como as de Galicia Biodiversidade;  Coidando o noso Mar; O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción e 2 MaletaS Mariñeiras Explorando os océanos.

Tamén será presentada a acción de limpeza colaborativa que van a realizar os centros educativos o vindeiro venres 22 na praia de Covas promovida por Voz Natura e coordinada pola Asociación Prato_DO