Skip to main content
Axenda Caducada

A Fonsagrada acolle a proposta teatral e musical, O cantar da nosa lingua

Por 18 outubro, 2021novembro 20th, 2021Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada prepara O cantar da nosa lingua, unha proposta teatral e musical creada polo coro do Hospital de Lugo.

Este evento será ás 19.30 horas na igrexa de Santa María da Fonsagrada.

É un concerto baseado na historia da lingua galega, dende o medievo ata os nosos días. sobre un texto da escritora Adela Figueroa Panisse, que o propio coro do Hospital teatraliza, nárranse os distintos períodos que marcaron a historia da lingua: a época dourada da lírica galaico-portuguesa, séculos escuros, rexurdimento, ata a época actual.

Esta proposta músico-teatral foi representada con grande aceptación de público en Burela, Monforte e Lugo, en concertos ofrecidos en outono do ano 2019.

A narración vai salpicada de intervención musicais do coro e solistas con exemplos de lírica medieval dos trovadores como Ondas do mar de Vigo de Martín Codax, e Ai frores de verde pino, de Don Denís, e neotrovadores como Quen puidera namorala de Álvaro Cunqueiro.

Tamén conta con exemplos de adaptacións corais de música galega tradicional, representando os séculos nos que a lingua perdeu o seu carácter literario, porén permaneceu viva no pobo como Foliada de Nadela, Alalá de Muxía e Terra meiga.

Exemplos de como os novos poetas do século XIX e XX en lingua galega, foron a inspiración para novas músicas, como o Negra sombra de Rosalía de Castro, San Campio de M. González Lago, Canción do temporal de amado Carballo, María soliña de Celso Emilio Ferreiro.