Skip to main content
Axenda Caducada

Manuel Gago e Susana Sánchez estarán no Outubro literario de Foz

Por 19 Outubro, 2021Outubro 21st, 2021Sin comentarios

Este xoves día 21 de outubro celebrarase en Foz a segunda xornada do Outubro literario na que estarán Manuel Gago e Susana Sánchez Arins para falar de Memoria e Literatura. Esta xornada será ás 20.30 na casa da cultura de Foz.

Susana Sánchez Arins  é autora da novela Seique coa que acadou o premio ao mellor libro de ficción otorgado polas librerías de Madrid ademáis de un gran recoñecemento de público e crítica.

Nesta novela a autora achega a represión franquista da postguerra a través dunha persoa da súa propia familia, o tío Manuel,  do que sempre se falou entre marmurios… de ahí o título da novela.

Manuel Gago é autor de varias novelas ambientadas en distintas épocas da historia de Galicia. A última, Nús, desenvólvese durante a transición, unha época apenas tratada na narrativa galega.

Manuel Gago, ademáis, é un incansable pescudador e divulgador da nosa cultura e sobre todo, do noso patrimonio arqueolóxico.