Skip to main content
Axenda Caducada

Muras inicia a programación micolóxica cun curso de fungos

Por 20 outubro, 2021outubro 31st, 2021Sin comentarios

Muras abrirá a súa programación dedicada á micoloxía coa celebración dun curso de iniciación ao mundo dos fungos que impartirá A Sociedade Micolóxica Lucus.

O curso terá lugar o 31 de outubro entre as 9.30 e as 13.30 horas no centro social do Vivieró e a formación contará con sesión teórica e práctica no campo.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente no teléfono 982 500001.